Thursday 16 de May de 2024

Profundo pesar polo falecemento do músico Eduardo Coma


O Concello de Oleiros lamenta profundamente o pasamento do noso veciño Eduardo Coma, violinista que formou parte de grupos como Luar na Lubre e o Quinteto Cimarrón e actuou con grandes artistas como o seu compatriota Paquito D´Rivera. Na actualidade estaba vinculado ao proxecto Coma Ensamble e traballaba como profesor no Conservatorio Profesional de Música de Carballo. Eduardo actuou en distintas ocasións en Oleiros e estaba moi vinculado ao noso concello tanto a nivel persoal, como profesional.

Eduardo, que a música te acompañe sempre!